As covas do rei Cintoulo
As Covas do Rei Cintoulo, sitas no Monte da Farrapa, en Argomoso, (Mondoñedo) teñen unha lonxitude explorada de 5 km. No seu interior encóntranse estalactitas, estalagmitas e outros tipos de formacións naturais que lle dan ó interior un carácter misterioso e máxico.
Hai dúas lendas que fan referencia a estas covas:

A segunda lenda conta que na Antigüidade no lugar onde hoxe está Mondoñedo había outra cidade: Bría.
Reinaba o rei Cintolo, que tiña o seu castelo onde hoxe está a cova. Nel vivía tamén a súa fermosa filla, pretendida por moitos mozos.
Certo día chegou o conde Hollvrudet, do que se namorou, pero pouco despois apareceu un vello (de nome Tuba de Oretón) que viña decidido a casar coa princesa, e de non aceptar, derrubaría o castelo. O conde decidiu enfrontarse a Tuba, e xusto cando lle cravaba a espada, soou un trono que derrubou a cidade e o castelo. Cando o conde recobrou o coñecemento, no lugar só había unha cova.
E a tradición popular afirma que a princesa Xila, está a esperar ó mozo que se atreva a entrar na cova para ceiba-la do meigallo que a ten presa alí dentro.
Os nen@s de 3ºB contáronnos a lenda
A fraga de Cecebre
Na fraga de Cecebre, como en tódalas fragas, habitan moitos seres. Os máis pacíficos son as árbores. Gústalles mira-lo ceo, cantar e acolle-los niños dos paxaros.
Un día chegaron uns homes e chantaron un poste da luz. A árbore que estaba máis preto del, un piñeiro, deu a noticia:
- Plantaron unha nova especie na fraga. As súas pólas son delgadísimas e tan longas que non podo ver onde rematan.
Ningunha árbore se atrevía a falarlle. Pero unha tarde de maio, o piñeiro díxolle:
- ¿Non quere vostede cantar connosco?
- ¿E que cantan vostedes?
- Imitámo-lo tren.
- ¿E que pretenden vostedes con esa imitación? Non me parece seria a súa conducta.
- Quizas lle agraden máis a cantiga da chuvia e a cantiga do mar- continuo o piñeiro.
- Non, ningunha delas. Este é un bosque sen formalidade. ¿Quen podería crer que árbores tan fortes pasan o tempo cantando como ras? Eu non canto nunca porque vivo dedicado á ciencia.
A opinión do poste foi coñecida por tódalas árobres e xa non cantaron máis.
Chegou o verán e os paxaros andaban a buscar árbores para face-los seus niños. O carballo, que albergaba unha parella de ouriolos, preguntoulle ó poste:
- ¿E logo vostede por que non ten ningún niño?
O poste rosmou:
- ¿Para que quero eu soster niños de paxaros? Non estou de acordo coas árbores desta fraga, que só saben protexer aves inútiles. Eu estou ó servicio da civilización.
Estas palabras circularon de seguida pola fraga, e as árbores fixeron o posible para non acoller paxaros.
Pasado certo tempo volveron os homes. Examinaron o poste e comprobaron que estaba poder. Derrubárono e, ó caer, rompeu.
As árbores atopábanse conmovidas por aquel tremendo acontecemento e rogáronlle ó piñeiro:
- ¡Mira e infórmanos!
O piñeiro mirou e dixo:
- Está morto. Non era máis ca un poste da luz.
Aquel día as árbores permaneceron caladas. Pero, ó día seguinte, enotaron unha alegre cantiga. Os paxaros, ó escoitala, volveron, e a fraga recuperou a ledicia e a vida que tiña antes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario