viernes, 24 de febrero de 2017

ROSALÍA

Rosalía de Castro by guimak7845 on Scribd

DÍA DE ROSALÍA





DÍA DE ROSALÍA (24/02/17)
“A FADA ROSALÍA NO NOSO COLE”
·         Actividade: presentación da fada Rosalía (figura en goma Eva)
·         Destinatarios: alumnado de Infantil e Primaria
·         Lugar: percorrido polas aulas e colocación final na biblioteca como mascota do galego
·         Actores: alumnos/as de 3º de Primaria
·         GUIÓN:
_______________________________________________________________________
  1. Ola. Son Rosalía, Rosalía de Castro, escritora, a moita honra.
  2. Nacín un día coma hoxe, 24 de febreiro, de hai xa moitos anos.
  3. Axiña namorei da terra galega, das súas xentes e da súa fala.
  4. E esa fala nos libros gardei para que agora a poidades sentir.
  5. Fun atrevida, moi atrevida, porque publiquei libros nunha época na no que só o facían os homes e, ademáis, en galego, cando quen mandaba era o castelán.
_______________________________________________________________________
1. A miña roupa é de cor negra e gris por dúas razóns.
2. Porque naquel entón as fotos facíanse en branco e negro; non había fotos en cor.
3. E tamén porque tiven un carácter tristeiro… E tiña os meus motivos.
4. Un deles: sempre tiven morriña da miña terra ao ter que marchar dela polo traballo do meu home.
5. Outro foi a perda de dous dos meus fillos. Foi moi duro para min.
_______________________________________________________________________
1. Ademáis, non gozaba de moi boa saúde. De feito, un dos meus médicos me chamaba a “eterna enferma”…
2. As miñas ás son páxinas, as páxinas dun libro…
3. Douradas pola maxia que conteñen e abertas para facervos voar.
4. E na miña man, algo tan querido para min: a miña pluma.
5. Para escribir, para deixar fluir polos meus dedos todo o que levaba dentro…
_______________________________________________________________________
1. Fai coma min…
2. Pensa en galego…
3. Soña en galego…
4. Sinte en galego…
5. Escribe en galego…
_______________________________________________________________________
SE ME QUERES VISITAR NA BIBLIOTECA ME ATOPARÁS!

Ata o ano que ven…