miércoles, 16 de diciembre de 2015

UN ENTRAÑABLE XIGANTÓN

Ola de novo a todas e todos. 

Ás portas do Nadal queremos falarvos da versión autóctona de Papá Noël , unha especie de Rei Mago galego. Sí, si, témolo na nosa Galicia, ao noso carón, nos nosos bosques… É O APALPADOR. 

É un xigante de oficio carboeiro e leñador que vive nas terras da montaña. Na noite de Nadal baixa ás aldeas para achegarse ás nenas e aos nenos mentras están durmidos. Con coidadiño e moito agarimo, apálpalles as súas barriguiñas para ver se están ben mantidiños. Logo de desexarlles un bo ano, marcha deixándolles unha morea de castañas ben quentiñas e , se cadra, tamén uns xoguetiños de madeira feitos coas súas mans. Xa sabedes: a durmir a gustiño na noite de Nadal e a ver se, ao espertar, sentides que o Apalpador pasou polo voso fogar. Velaí vos vai tedes para disfrutar dun vídeo escolar coa historia deste entrañable xigantón. 

 Unha aperta e ata o ano que ven. 

 O equipo de Dinamización Lingüística