miércoles, 16 de diciembre de 2015

UN ENTRAÑABLE XIGANTÓN

Ola de novo a todas e todos. 

Ás portas do Nadal queremos falarvos da versión autóctona de Papá Noël , unha especie de Rei Mago galego. Sí, si, témolo na nosa Galicia, ao noso carón, nos nosos bosques… É O APALPADOR. 

É un xigante de oficio carboeiro e leñador que vive nas terras da montaña. Na noite de Nadal baixa ás aldeas para achegarse ás nenas e aos nenos mentras están durmidos. Con coidadiño e moito agarimo, apálpalles as súas barriguiñas para ver se están ben mantidiños. Logo de desexarlles un bo ano, marcha deixándolles unha morea de castañas ben quentiñas e , se cadra, tamén uns xoguetiños de madeira feitos coas súas mans. Xa sabedes: a durmir a gustiño na noite de Nadal e a ver se, ao espertar, sentides que o Apalpador pasou polo voso fogar. Velaí vos vai tedes para disfrutar dun vídeo escolar coa historia deste entrañable xigantón. 

 Unha aperta e ata o ano que ven. 

 O equipo de Dinamización Lingüística




jueves, 19 de noviembre de 2015

UN FROITO CON MOITA HISTORIA

Hai centos de anos, cando aínda non se coñecían as patacas, que viñeron de América, en Galicia empregábanse, para comer, as castañas. Moitas das comidas que hoxe levan patacas facíanse antes con castañas: o caldo, o cocido os guisos… Por iso era importante apañar moitas, xa que servían de alimento para todo o ano. Os vecinos xuntábanse nos soutos, vareaban os castiñeiros e metían as castañas en sacos. Coas que sobraban facíase unha festa. Prendían unha fogueira e, nas brasas, asaban as castañas coa casca cortada para que non estouparan. Cando estaban listas comíanas todos xuntos e divertíanse con xogos e música. Xa vedes: un froito con moito valor gastronómico e social. A castaña, tan pequena e grande ela!



viernes, 6 de noviembre de 2015

A LENDA DO MAGOSTO

Hoxe celebramos o magosto no noso colexio e aquí vos deixamos a lenda para ver se vos gusta.


miércoles, 28 de octubre de 2015

SAMAÍN 2015






Ola, amiguiñas e amiguiñas. Estamos ás portas do Samaín e unas cousiñas sobre el vos imos contar. Atención, que a súa historia entra en acción.
O Samaín é unha festa que os celtas celebraban fai miles de anos nos seus poboados na noite do 31 de outubro ao 1 de noviembre.
A palabra “Samaín” significa final do verán e servía como conclusión da época de colleitas e como sinal da chegada do invierno. Os druídas, sacerdotes dos celtas, consideraban esta data como un momento perfecto para reverenciar aos ancestros que visitaban as súas antigas moradas.
Era costume, nas casas celtas, preparar para esta noite alimentos pensados como unha maneira de honrar aos familiares mortos. As súas ánimas voltaban, dete xeito, por un día ós seus vellos fogares para comer en compañía dos seus familiares vivos, afastando así a frialdade e tristura dos cemiterios onde repousan os seus restos.
Ao caer o día, os druídas acendían fogueiras en lugares específicos con  pólas sagradas recolectadas no máis profundo do bosque. A súa función non era só escorrentar os malos espíritos, senón tamén guiar aos mortos na escuridade a fin de facilitarlles o camino á aldea e participar nas honras preparadas polos seus familiares.
Reverenciar aos mortos compartindo con eles o alimento e a lumbre do fogar. Ese é o significado do Samaín. Unha celebración de irmandade entre os vivos e os defuntos. 
Ata outra e boa noite de Samaín para todas e todos, chea de espectral emoción.



jueves, 15 de octubre de 2015

A lenda de San Froilán e o lobo.

Ola de novo, comezamos un novo curso no que tentaremos contarvos todo o que facemos desde o noso colexio no referente a Normalización. En Lugo estivemos de festas patronais, o San Froilán e os alumn@s de 4º B contarannos a lenda de San Froilán e o lobo. Esperamos que vos guste.

martes, 3 de marzo de 2015

O MAGOSTO

Desde o equipo de Normalización Lingüística do colexio celebramos o magosto. Aquí vos deixamos unha mostra do que fixemos.