viernes, 25 de noviembre de 2016

DÍA DA NON VIOLENCIA

Hoxe é o día internacional contra a violencia de xénero. Un día con sabor amargo. Sería mellor sácalo do calendario, sería mellor non ter que lembralo. Moitas mulleres son maltratadas, moitas mulleres sofren a violencia machista e non tan lonxe de todos nós. 40. Un número tráxico que nos fai estremecer. 40 mulleres morreron xa en España no que vai de ano a mans dos seus homes, víctimas da sinrazón dunha violencia atroz. 40. Que pena! 40 vidas truncadas, 40 soños rotos, 40 coiteladas á dignidade humana. Elas quedaron sen voz. Sexamos a súa voz: “Nin unha máis, nin unha máis, nin unha máis”…