martes, 28 de mayo de 2013

Xogos populares

Durante o mes de maio os nen@s descubriron que hai xogos de antaño que teñen un valor ainda oxe como a petanca, carreiras de sacos, os birlos, a ra...
A particicipación dos nen@s foi maioritaria, sin perxuicio de que tamén podieron xogar ao balompé ou outras actividades. Disfrutaron de esta iniciativa durante algúns días no tempo de lecer.





Contacontos

Antón, como bo músico-narrador deleitounos cun relato na que cobraban vida "rítmica" obxetos domésticos de uso cotián como culler, cunca, vasos e mesmo unha taboa de madeira sobre a que claqueteaba un moneco. Rematou cun cantar de cego que a todos encandilou, é dicir: boquiabertos nos deixou.





                                      
                                      

Lendas Galegas

Nas lecturas que estamos facendo no colexio no mes de maio atopamos as Lendas. Entre elas están a que nos contaron os nen@s de 3º A.

As covas do rei Cintoulo

As Covas do Rei Cintoulo, sitas no Monte da Farrapa, en Argomoso, (Mondoñedo) teñen unha lonxitude explorada de 5 km. No seu interior encóntranse estalactitas, estalagmitas e outros tipos de formacións naturais que lle dan ó interior un carácter misterioso e máxico.

Hai dúas lendas que fan referencia a estas covas:
MondoñedoA primeira conta que na cova hai unha moza encantada que se peitea con peites de ouro ó tempo que se contempla nun espello de prata. Quen desencante a moza casará con ela e posuirá moitas riquezas. Pero hai un problema: a cova está custodiada por unha enorme serpe ou dragón que devora a quen intente desface-lo encanto. A pesar de tódo-los impedimentos, dous irmáns decidiron intenta-lo, pero despois de entrar na cova non se soubo máis deles.
A segunda lenda conta que na Antigüidade no lugar onde hoxe está Mondoñedo había outra cidade: Bría.
Reinaba o rei Cintolo, que tiña o seu castelo onde hoxe está a cova. Nel vivía tamén a súa fermosa filla, pretendida por moitos mozos.
Certo día chegou o conde Hollvrudet, do que se namorou, pero pouco despois apareceu un vello (de nome Tuba de Oretón) que viña decidido a casar coa princesa, e de non aceptar, derrubaría o castelo. O conde decidiu enfrontarse a Tuba, e xusto cando lle cravaba a espada, soou un trono que derrubou a cidade e o castelo. Cando o conde recobrou o coñecemento, no lugar só había unha cova.
E a tradición popular afirma que a princesa Xila, está a esperar ó mozo que se atreva a entrar na cova para ceiba-la do meigallo que a ten presa alí dentro.

Os nen@s de 3ºB contáronnos a lenda 

A fraga de Cecebre

Na fraga de Cecebre, como en tódalas fragas, habitan moitos seres. Os máis pacíficos son as árbores. Gústalles mira-lo ceo, cantar e acolle-los niños dos paxaros.
Un día chegaron uns homes e chantaron un poste da luz. A árbore que estaba máis preto del, un piñeiro, deu a noticia:
- Plantaron unha nova especie na fraga. As súas pólas son delgadísimas e tan longas que non podo ver onde rematan.
Ningunha árbore se atrevía a falarlle. Pero unha tarde de maio, o piñeiro díxolle:

- ¿Non quere vostede cantar connosco?

O poste asubiou de mal xenio:                   

- ¿E que cantan vostedes?             

- Imitámo-lo tren.

- ¿E que pretenden vostedes con esa imitación? Non me parece seria a súa conducta.

- Quizas lle agraden máis a cantiga da chuvia e a cantiga do mar- continuo o piñeiro.

- Non, ningunha delas. Este é un bosque sen formalidade. ¿Quen podería crer que árbores tan fortes pasan o tempo cantando como ras? Eu non canto nunca porque vivo dedicado á ciencia.

A opinión do poste foi coñecida por tódalas árobres e xa non cantaron máis.
Chegou o verán e os paxaros andaban a buscar árbores para face-los seus niños. O carballo, que albergaba unha parella de ouriolos, preguntoulle ó poste:

- ¿E logo vostede por que non ten ningún niño? 

O poste rosmou:

- ¿Para que quero eu soster niños de paxaros? Non estou de acordo coas árbores desta fraga, que só saben protexer aves inútiles. Eu estou ó servicio da civilización.

Estas palabras circularon de seguida pola fraga, e as árbores fixeron o posible para non acoller paxaros.
Pasado certo tempo volveron os homes. Examinaron o poste e comprobaron que estaba poder. Derrubárono e, ó caer, rompeu.
As árbores atopábanse conmovidas por aquel tremendo acontecemento e rogáronlle ó piñeiro:

- ¡Mira e infórmanos!

O piñeiro mirou e dixo:

- Está morto. Non era máis ca un poste da luz.

Aquel día as árbores permaneceron caladas. Pero, ó día seguinte, enotaron unha alegre cantiga. Os paxaros, ó escoitala, volveron, e a fraga recuperou a ledicia e a vida que tiña antes.

lunes, 27 de mayo de 2013

Lecturas de Maio

Durante todo o mes de Maio estamos facendo por cursos lecturas de fábulas,contos fantásticos, poemas, cantigas e lendas. Cada semana un curso está preparando a súa lectura e despois tódolos días as 12 da mañá se fai a lectura por megafonía. Aquí vos deixamos unha mostra dalgunhas das lecturas que fixemos.





jueves, 2 de mayo de 2013

CONCURSO LITERARIO



ORGANIZA: Equipo de Dinamización Lingüística.

OBXECTIVOS:
  1. Fomentar o uso do galego na escrita.
  2. Valorar a expesividade literaria da lingua galega.
  3. Estimular a inventiva e a exopresión escrita do alumnado.

DESTINATARIOS: alumnos/as de Educación Primaria.

CATEGORÍAS: tres (unha por ciclo)

NORMAS DE PRESENTACIÓN:
  1. Os escritos serán en lingua galega.
  2. O señero e a extensión serán libres.
  3. Poderanse presentar escritos a mano u co ordenador.
  4. Entregaranse en folio tamaño A4.
  5. Nas obras presentadas debe constar o curso, pero nono o Nome do/a autor/a, Cada tit@r numerará os escritos presentados no seu curso e só él/ela saberá a quen corresponde cada número asignado.
  6. Cada titor/a entregará as obras presentadas ao coordinador do E.D.L.
  7. O prazo de presentación finaliza o 31 de maio.

XURADO: Estará integrado polos membros do E.D.L.
PREMIOS: Concederase un por cada ciclo e entregarase un dipoloma aos participantes.