martes, 16 de mayo de 2017

CARLOS CASARES

LETRAS GALEGAS 2017
UNHA LEMBRANZA DA INFANCIA (16/05/17)

1 – Ola a todas e todos. Mañá celebramos o día das Letras Galegas. Este ano homenaxeamos a Carlos Casares, un ourensán namorado da nosa fala.
2 - Imos contarvos algo del, pero non do Carlos Casares adulto, senón de cando era neno.
3 – El sempre conservou unha memoria moi fresca da súa infancia e, dalgún xeito, foi quen de manter a ollada de neno sobre na vida…
4 – Cando Casares era un rapaz como ti e coma min non había nada do que temos agora.
5 – Coches, moi poucos. O máis común era ir en burro ou a cabalo.
6 – Os teléfonos, todos fixos. E en moitas casas nin o tiñan.
7 – Radio, si, pero con poucas emisoras.
8 – E da televisión non había rastro dela por entón.
9 – Móbiles, tablets, ordenadores, internet… Con esas cousas nin se soñaba aínda.
10 – Os rapaces de entón divertíanse e aburríanse igual que os de agora, pero sen tanta tecnoloxía e consumo… Pasábano ben xogando na rúa e no medio da natureza.
11 – Carlos, de neno, tiña tres grandes afeccións:
12- Unha, o fútbol. Daquela había un famoso xogador no Barça chamado Kubala. Pois a el puxéronse o alcume de “Kubalita” por chutar forte, como facía Kubala.

13 – A súa segunda gran afección da infancia foi o cine. Os domingos eran unha auténtica festa pola sesión de cine para os veciños. El tiñá, ademáis, o privilexio de ver a película desde a cabina de proxección por ser amigo do fillo do maquinista.
14 –E a súa terceira gran afección de neno foi  a de construir os seus propios xoguetes, case sempre en miniatura. Era todo un artesán. Un argalleiro con inxenio!
15 – Se vos atopades estes días no cole cunha galiña azul ou cunha manda de laranxas moi laranxas susurrádelles isto:
16 e 17 - “Orfas non sodes, pois da súa man nun libro brillades como soles”.
18 – Como Casares, subamos ao tren do galego e disfrutemos das súas bondades.
19 – Feliz Día das Letras Galegas a todos e todas.

20 – En galego, porque o vale.