miércoles, 29 de junio de 2022

Coñecendo a Gurriarán con froita


 No eido do noso proxecto común sobre a alimentación saudable, levamos a cabo unha idea orixinal para achegar a figura do noso autor aos cativos. Deste xeito, non só alimentamos o corpo, senon tamén seus espíritos e sabedoría!

A Terra de Casás


 As/os nosas/os alumnas/os de terceiro de primaria quixeron sgasallarnos coa súa brillante interpretación do tema de Tanxugueiras. Nada mellor ca esta exaltación da nosa Terra para celebrar as Letras Galegas. Feliz galeguidade!