lunes, 25 de abril de 2016

ANIMACIÓN Á LECTURA

Aquí vos deixamos unha pequena obriña de teatro, para animarvos a continuar lendo.


Presentador 1. O sabado pasado celebramos o Dia do Libro, pero en realidade podemos celebralo todos os dias.
Presentador 2.  Porque cada dia hai un libro que agarda por ti a que o collas, que o abras, que o leas, que sintas a sua maxia.
Presentador 1. Os libros nos dan vida e nos dan sabiduria.
Presentador 2. Moi certo. Eu sei de catro animais sabios por ler, por un conto. Escoitemos a sua historia.

ANIMAIS QUE SE VOLVERON SABIOS

  1. A lebre

Ola. Son unha lebre.
Cando lin o conto da lebre derrotada por unha tartaruga nunha carreira aprendin a ser humilde.
Agora son mais sabia.
Por ler, por un conto.

  1. O gato

Ola. Son un gato.
Can lin o conto do gato con botas aprendin a usar o inxenio para axudar.
Agora son mais sabio.
Por ler, por un conto.

  1. A ra

Ola. Son unha ra.
Cando lin o que lle pasou a ra que a boi queria chegar, que estoupou de tanto comer para medrar, aprendin a aceptar o que son  unha ra.
Agora son mais sabia.
Por ler, por un conto.

  1. A galina

Cando lin como acabou a galina que ponia ovos de ouro, destripada pola cobiza dos demais, aprendin a non presumir do que fago.
Agora son mais sabia.
Por ler, por un conto.

Presentador 1 y 2. E lembrade, amiguinos e amiguinas…
Todos. LER E DE SABIOS!



No hay comentarios:

Publicar un comentario