viernes, 25 de noviembre de 2016
DÍA DA NON VIOLENCIA
Hoxe é o día internacional contra a violencia de xénero. Un día con sabor amargo.
Sería mellor sácalo do calendario,
sería mellor non ter que lembralo.
Moitas mulleres son maltratadas,
moitas mulleres sofren a violencia machista
e non tan lonxe de todos nós.
40. Un número tráxico que nos fai estremecer.
40 mulleres morreron xa en España no que vai de ano
a mans dos seus homes,
víctimas da sinrazón dunha violencia atroz.
40. Que pena!
40 vidas truncadas,
40 soños rotos,
40 coiteladas á dignidade humana.
Elas quedaron sen voz.
Sexamos a súa voz:
“Nin unha máis, nin unha máis, nin unha máis”…
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario