lunes, 24 de febrero de 2014

ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe é 24 de febreiro. Un día como hoxe, no ano 1837, naceu en Santiago unha nena á que chamaron Rosalía. A nena foi medrando namorada de Galicia e nos versos que escribiu foi desgranando ese fondo amor á súa terra.

Obrigada a saír de Galicia por circunstancias da súa vida, a lembranza da sa súa terriña sempre formou parte da súa equipaxe. Nos seus escritos aparece, logo, este sentimento tan galego que chamamos “saudade”, que é a nostalxia, a morriña que se sinte ao estar lonxe da terra natal e que vai acompañado da necesidade de voltar a ela.

Rosalía non cantou só a fermosura da terra galega; tamén se deu conta da pobreza que nela había e que obrigou a moitos galegos a emigrar, a marchar lonxe, para mellorar de vida. Escribiu entón unha cantiga da emigración con pluma dura, pero sincera. Nela máis que doerse dos que se van dóese dos que quedan: fillos que quedan sen pais, mulleres que quedan sen maridos, terras que quedan sen mans que as poidan traballar…

Escoitemos agora a canción “Iste vaise”, baseada nun poema de Rosalía e interpretada por Fuxan Os Ventos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario