Esperamos que vos guste.
miércoles, 24 de febrero de 2016
Musicalización Pra a Habana
Para conmemorar o 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, os alumn@s de 4º, fixeron a musicalización do poema Pra a Habana.
Esperamos que vos guste.
Esperamos que vos guste.
Rosalía de Castro
DIA
DE ROSALÍA DE CASTRO – 24 de febreiro
Ola a todos, pequenos e grandes, grandes e pequenos:
Eu son Rosalía, unha escritora galega á que lle gusta moito a poesía.
Escribín poemas variados e de temas diversos; iso si, con moito
sentimento.
Hoxe, 24 de febreiro, é o meu día.
As escritoras e escritores Galegos queren así homenaxearme no día do meu
aniversario.
Sabedes cantos anos cumpro? ... Pois 179; nin máis nin menos.
Din que estou enterrada en Santiago de Compostela, no Panteón dos
Galegos Ilustres,
pero ese é un lugar moi serio e frío, sabedes?
Eu non me quedei alí e por iso se
equivocan.
Se me queredes de verdade encontrar, buscádeme nas miñas obras,
ollade os meus libros, lede algún poemiña escrito por min.
O meu corazón, dalgún xeito misterioso, segue a latexar nos meus versos.
Alí, no medio deles, me atoparedes.
Se queredes facerme un agasallo vide visitarme á biblioteca.
Alí agardo por vós, agochada nos meus poemiñas.
Un bico e unha rosa para todos.
Deica o ano que vén.
A vosa amiga
ROSALÍA
viernes, 5 de febrero de 2016
ENTROIDO
UNHA FESTA MOI GALEGA
Estamos ás portas da festa
máis transgresora do ano: o Entroido, unha festa moi nosa, con moita tradición
en Galiza; lembremos que a nosa comunidade foi unha das poucas que seguiu
celebrándoo en tempos no que estaba prohibido.
Imos comezar un percorrido por lugares de
Galiza nos que esta tradición goza de moi boa saúde. Cada curso, un recuncho.
Propoñémovos achegarnos neste curso a Viana do Bolo, no leste de Ourense, preto
xa do límite coa provincia de Zamora.
O ENTROIDO EN VIANA DO BOLO
O nome
oficial desta celebración nesta vila é “Festa da Androlla e o Entroido”. Os
protagonistas son:
- A androlla, un saboroso embutido de porco que se convirte no
prato estrela e que se degusta nun multitudinario banquete popular o domingo de
Entroido, tamén chamado Domingo Gordo.
- Os Folións, que son as comparsas que van desfilando e
animando polas rúas coa súa música ben sonora. Ademáis dos grandes bombos tocan
sachos con martelos, cun toque moi metálico.
- O Boteiro, unha personaxe con máscara negra e impresionante
penacho sobre a cabeza. A súa misión é anunciar a chegada do Folión e abrirlle
paso coa monca, un vistoso pao co que vai dando saltos e mantendo a raia ao
público.
Aviso
para navegantes:
Podedes ver un vídeo en
“Carnaval de Viana do Bolo – You Tube” e imaxes en “imágenes de folións viana
do bolo”.
OCURRENTE, TRANSGRESOR E DIVERTIDO ENTROIDO A TODAS E TODOS!
O Equipo de Dinamización Lingüística
miércoles, 16 de diciembre de 2015
UN ENTRAÑABLE XIGANTÓN
Ola de novo a todas e todos.
Ás portas do Nadal queremos falarvos da versión autóctona de Papá Noël , unha especie de Rei Mago galego. Sí, si, témolo na nosa Galicia, ao noso carón, nos nosos bosques… É O APALPADOR.
É un xigante de oficio carboeiro e leñador que vive nas terras da montaña. Na noite de Nadal baixa ás aldeas para achegarse ás nenas e aos nenos mentras están durmidos. Con coidadiño e moito agarimo, apálpalles as súas barriguiñas para ver se están ben mantidiños. Logo de desexarlles un bo ano, marcha deixándolles unha morea de castañas ben quentiñas e , se cadra, tamén uns xoguetiños de madeira feitos coas súas mans.
Xa sabedes: a durmir a gustiño na noite de Nadal e a ver se, ao espertar, sentides que o Apalpador pasou polo voso fogar.
Velaí vos vai tedes para disfrutar dun vídeo escolar coa historia deste entrañable xigantón.
O equipo de Dinamización Lingüística
jueves, 19 de noviembre de 2015
UN FROITO CON MOITA HISTORIA
Hai centos de anos, cando aínda non se coñecían as patacas, que viñeron de América, en Galicia empregábanse, para comer, as castañas.
Moitas das comidas que hoxe levan patacas facíanse antes con castañas: o caldo, o cocido os guisos… Por iso era importante apañar moitas, xa que servían de alimento para todo o ano.
Os vecinos xuntábanse nos soutos, vareaban os castiñeiros e metían as castañas en sacos. Coas que sobraban facíase unha festa.
Prendían unha fogueira e, nas brasas, asaban as castañas coa casca cortada para que non estouparan. Cando estaban listas comíanas todos xuntos e divertíanse con xogos e música.
Xa vedes: un froito con moito valor gastronómico e social.
A castaña, tan pequena e grande ela!
viernes, 6 de noviembre de 2015
A LENDA DO MAGOSTO
Hoxe celebramos o magosto no noso colexio e aquí vos deixamos a lenda para ver se vos gusta.
miércoles, 28 de octubre de 2015
SAMAÍN 2015
Ola, amiguiñas
e amiguiñas. Estamos ás portas do Samaín e unas cousiñas sobre el vos imos
contar. Atención, que a súa historia entra en acción.
O Samaín é unha festa que os celtas celebraban
fai miles de anos nos seus poboados na noite do 31 de outubro ao 1 de
noviembre.
A palabra “Samaín” significa final do verán e
servía como conclusión da época de colleitas e como sinal da chegada do
invierno. Os druídas, sacerdotes dos celtas, consideraban esta data como un momento perfecto para reverenciar aos
ancestros que visitaban as súas antigas moradas.
Era costume, nas casas celtas, preparar para
esta noite alimentos pensados como unha maneira de honrar aos familiares
mortos. As súas ánimas voltaban, dete xeito, por un día ós seus vellos fogares
para comer en compañía dos seus familiares vivos, afastando así a frialdade e
tristura dos cemiterios onde repousan os seus restos.
Ao caer o día, os druídas acendían fogueiras en lugares específicos con pólas sagradas recolectadas no máis profundo
do bosque. A súa función non era só escorrentar os malos espíritos, senón tamén
guiar aos mortos na escuridade a fin de facilitarlles o camino á aldea e
participar nas honras preparadas polos seus familiares.
Reverenciar aos mortos compartindo con eles o
alimento e a lumbre do fogar. Ese é o significado do Samaín. Unha celebración
de irmandade entre os vivos e os defuntos.
Ata outra e boa noite de Samaín para todas e
todos, chea de espectral emoción.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

