Mostrando entradas con la etiqueta MAGOSTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MAGOSTO. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de noviembre de 2023

Algo que tampouco podíamos deixar de festexar neste mes de novembro é o magosto... Un ano máis tivemos a sorte de poder degustar castañas asadas saídas do tambor. Unha auténtica delicia!

jueves, 17 de noviembre de 2022

miércoles, 27 de octubre de 2021

MAGOSTO 2021

Benvidos ao noso blog un ano máis, neste novo curso que vimos de comezar. Queremos compartir convosco actividades sobre esta festa do outono que tanto nos gusta... o Magosto!! Esperemos que as desfrutedes, case tanto como se dunha presa de castañas asadas se tratase.

viernes, 25 de octubre de 2019

Magosto




O MAGOSTO


O día 8 de novembro celebraremos o magosto



“Outono bonito

folliñas no chan,

castañas asadas
que ricas están!”


Nos seguintes enlaces tedes recursos para traballar nas aulas:



Cancións, refráns e poemas

 https://youtu.be/oEo74iZhFuE
·        https://youtu.be/3N6uJNT8i1M



Primaria:

Primeiros niveis:










jueves, 19 de noviembre de 2015

UN FROITO CON MOITA HISTORIA

Hai centos de anos, cando aínda non se coñecían as patacas, que viñeron de América, en Galicia empregábanse, para comer, as castañas. Moitas das comidas que hoxe levan patacas facíanse antes con castañas: o caldo, o cocido os guisos… Por iso era importante apañar moitas, xa que servían de alimento para todo o ano. Os vecinos xuntábanse nos soutos, vareaban os castiñeiros e metían as castañas en sacos. Coas que sobraban facíase unha festa. Prendían unha fogueira e, nas brasas, asaban as castañas coa casca cortada para que non estouparan. Cando estaban listas comíanas todos xuntos e divertíanse con xogos e música. Xa vedes: un froito con moito valor gastronómico e social. A castaña, tan pequena e grande ela!



viernes, 6 de noviembre de 2015

A LENDA DO MAGOSTO

Hoxe celebramos o magosto no noso colexio e aquí vos deixamos a lenda para ver se vos gusta.