viernes, 6 de febrero de 2026

DÍA ESCOLAR DA PAZ

Sendo este ano o arte o eixo temático dos proxectos do CEIP de Casás, non podíamos deixaar escapar que é obra de Pablo Picasso a icónica pomba, elexida como símbolo universal da Paz. Esta énchese de cores e bos desexos da man do noso alumnado, que completan esta maravillosa obra de arte.

viernes, 16 de enero de 2026

FESTIVAL DE NADAL

Este ano o noso alumnado agasallounos co mellor presente posíbel nestas datas... toda a alegría e festividade a través destas magníficas actuacións.

STARDANCE

Non deixamos nin un só recurso artístico ou cultural dos que nos ofrece a cidade de Lugo por descubrir... Grazas á academia de baile Stardance por nos facer pasar unha mañá tan divertida, sa e enriquecedora.

O QUE FICA...

Fronte ao que arde. Aquilo que permanece, grazas á maxia da fotografía, captadas estas polo noso alumnado. A beleza da nosa comunidade, a cultura, a esencia... Todo o agradecemento e cariño é pouco para Benedita, a actriz lucense cunha calidade personal e artística da talla das máis grandes.

NOA PERSÁN NO MIHL

Tivemos a ocasión de contemplar a impresionante obra desta artista vasca de nacemento, afincada en Lugo dende a infacia. Quedamos maravillados coa beleza, as cores, as composicións... co toque surrealista característico da autora. Así mesmo, non perdemos ocasión de visitar a exposición permanente deste fantástico museo lucense.

Leo y Lou

Non quixemos perdernos este filme rodado íntegramente en Galiza. Desfrutamos moito das paisaxes, costumes, xente... e como non, da tenra historia que narra. Desexámoslles moita sorte coa súa nominación aos premios Goya deste ano, na categoría "Mellor música orixinal".

SYMPHONY

A fundación La Caixa trouxo á nosa cidade, co patrocinio do Concello, un espectáculo de realidade aumentada que non nos puido gustar máis. Puidemos formar parte, por un anaco, dunha orquestra sinfónica e mesmo meternos no corazón dun violín e un trombón. Unha experiencia extraordinaria de imaxe e son.