Rosalía de Castro by guimak7845 on Scribd
viernes, 24 de febrero de 2017
DÍA DE ROSALÍA
“A FADA ROSALÍA
NO NOSO COLE”
·
Actividade:
presentación da fada Rosalía (figura en goma Eva)
·
Destinatarios: alumnado de Infantil e Primaria
·
Lugar:
percorrido polas aulas e colocación final na biblioteca como mascota do galego
·
Actores:
alumnos/as de 3º de Primaria
·
GUIÓN:
_______________________________________________________________________
- Ola. Son Rosalía, Rosalía de Castro, escritora, a
moita honra.
- Nacín un día coma hoxe, 24 de febreiro, de hai xa
moitos anos.
- Axiña namorei da terra galega, das súas xentes e da
súa fala.
- E esa fala nos libros gardei para que agora a
poidades sentir.
- Fun atrevida, moi atrevida, porque publiquei libros
nunha época na no que só o facían os homes e, ademáis, en galego, cando
quen mandaba era o castelán.
_______________________________________________________________________
2. Porque naquel
entón as fotos facíanse en branco e negro; non había fotos en cor.
3. E tamén porque
tiven un carácter tristeiro… E tiña os meus motivos.
4. Un deles:
sempre tiven morriña da miña terra ao ter que marchar dela polo traballo do meu
home.
5. Outro foi a
perda de dous dos meus fillos. Foi moi duro para min.
_______________________________________________________________________
1. Ademáis, non
gozaba de moi boa saúde. De feito, un dos meus médicos me chamaba a “eterna
enferma”…
2. As miñas ás son
páxinas, as páxinas dun libro…
3. Douradas pola
maxia que conteñen e abertas para facervos voar.
4. E na miña man,
algo tan querido para min: a miña pluma.
5. Para escribir,
para deixar fluir polos meus dedos todo o que levaba dentro…
_______________________________________________________________________
1. Fai coma min…
2. Pensa en
galego…
3. Soña en galego…
4. Sinte en
galego…
5. Escribe en
galego…
_______________________________________________________________________
SE ME QUERES
VISITAR NA BIBLIOTECA ME ATOPARÁS!
Ata o ano que ven…
viernes, 25 de noviembre de 2016
DÍA DA NON VIOLENCIA
Hoxe é o día internacional contra a violencia de xénero. Un día con sabor amargo.
Sería mellor sácalo do calendario,
sería mellor non ter que lembralo.
Moitas mulleres son maltratadas,
moitas mulleres sofren a violencia machista
e non tan lonxe de todos nós.
40. Un número tráxico que nos fai estremecer.
40 mulleres morreron xa en España no que vai de ano
a mans dos seus homes,
víctimas da sinrazón dunha violencia atroz.
40. Que pena!
40 vidas truncadas,
40 soños rotos,
40 coiteladas á dignidade humana.
Elas quedaron sen voz.
Sexamos a súa voz:
“Nin unha máis, nin unha máis, nin unha máis”…
viernes, 6 de mayo de 2016
VÍDEOCONFERENCIA
Os nen@s de 4º B mantivemos unha conferencia co colexio veciño, o CEIP Menéndez Pelayo. Fixemos unha pequena representación sobre a importancia que ten o ler sempre e como eso pode cambiar as nosas vidas ou neste caso a de algúns animais.
Aquí vos deixamos o vídeo que compartimos cos nosos compañeir@s.
Aquí vos deixamos o vídeo que compartimos cos nosos compañeir@s.
lunes, 25 de abril de 2016
ANIMACIÓN Á LECTURA
Aquí vos deixamos unha pequena obriña de teatro, para animarvos a continuar lendo.
Presentador 1. O sabado
pasado celebramos o Dia do Libro, pero en realidade podemos celebralo todos os
dias.
Presentador 2. Porque cada dia hai un libro que agarda por
ti a que o collas, que o abras, que o leas, que sintas a sua maxia.
Presentador 1. Os libros
nos dan vida e nos dan sabiduria.
Presentador 2. Moi certo.
Eu sei de catro animais sabios por ler, por un conto. Escoitemos a sua
historia.
ANIMAIS QUE SE VOLVERON
SABIOS
- A lebre
Ola. Son unha lebre.
Cando lin o conto da lebre derrotada por unha
tartaruga nunha carreira aprendin a ser humilde.
Agora son mais sabia.
Por ler, por un conto.
- O gato
Ola. Son un gato.
Can lin o conto do gato con botas aprendin a usar o
inxenio para axudar.
Agora son mais sabio.
Por ler, por un conto.
- A ra
Ola. Son unha ra.
Cando lin o que lle pasou a ra que a boi queria
chegar, que estoupou de tanto comer para medrar, aprendin a aceptar o que
son unha ra.
Agora son mais sabia.
Por ler, por un conto.
- A galina
Cando lin como acabou a galina que ponia ovos de
ouro, destripada pola cobiza dos demais, aprendin a non presumir do que fago.
Agora son mais sabia.
Por ler, por un conto.
Presentador 1 y 2. E lembrade, amiguinos e amiguinas…
Todos. LER E DE SABIOS!
sábado, 23 de abril de 2016
O SEÑOR DON LIBRO
O
SEÑOR DON LIBRO
Estaba o señor don Libro sentadito no seu sillón,
cun ollo pasaba a folla e co outro vía a televisión.
Estaba o señor don Libro aburrido no seu sillón;
esperaba a visita dalgún pequeno lector.
Don Libro era un tío moi sabio, que sabía da Lúa do Sol,
que sabía de terras e mares, de historias e aves, de peixes
de toda cor.
Estaba o señor don Libro a tiritar de frío no seu sillón;
viuno un neno, colleuno nas súas mans e o libro entrou en
calor.
miércoles, 13 de abril de 2016
MANIFESTO ESCOLAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Vivía en
Lugo.
Era a nosa
veciña.
Tiña 24 anos
e un montón
de ilusións…
Unha rapaza
chea de vida.
Chamábase
Tatiana.
A fin de
semana pasada unha man salvaxe acabou con ela,
quebrou
todos os seus soños.
Tres días de
loito oficial.
Unha
homenaxe póstuma.
O loito
verdadeiro no noso corazón,
que latexa
de tristura por unha vida rematada
antes de
tempo e dun xeito tan violento.
E con
Tatiana xa van quince en España,
quince vidas
truncadas
a mans das
súas parellas ou exparellas.
Ningunha
muller merece o maltrato e a violencia.
Ningunha
muller merece esta última humillación…
Un minuto de
silencio por Tatiana
e todas as
demáis víctimas da violencia de xénero.
Unha vela
por cada unha e un bico para todas.
De corazón.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





