Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía. Mostrar todas las entradas
lunes, 22 de febrero de 2021
jueves, 18 de febrero de 2021
viernes, 23 de febrero de 2018
180 Aniversario de Rosalía de Castro
Mañá día 24 de febreiro conmemórase o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e nós quixemos facerlle unha pequena homenaxe musicalizando unha parte dun poema dela. Desexamos que vos guste.
viernes, 24 de febrero de 2017
DÍA DE ROSALÍA
“A FADA ROSALÍA
NO NOSO COLE”
·
Actividade:
presentación da fada Rosalía (figura en goma Eva)
·
Destinatarios: alumnado de Infantil e Primaria
·
Lugar:
percorrido polas aulas e colocación final na biblioteca como mascota do galego
·
Actores:
alumnos/as de 3º de Primaria
·
GUIÓN:
_______________________________________________________________________
- Ola. Son Rosalía, Rosalía de Castro, escritora, a
moita honra.
- Nacín un día coma hoxe, 24 de febreiro, de hai xa
moitos anos.
- Axiña namorei da terra galega, das súas xentes e da
súa fala.
- E esa fala nos libros gardei para que agora a
poidades sentir.
- Fun atrevida, moi atrevida, porque publiquei libros
nunha época na no que só o facían os homes e, ademáis, en galego, cando
quen mandaba era o castelán.
_______________________________________________________________________
2. Porque naquel
entón as fotos facíanse en branco e negro; non había fotos en cor.
3. E tamén porque
tiven un carácter tristeiro… E tiña os meus motivos.
4. Un deles:
sempre tiven morriña da miña terra ao ter que marchar dela polo traballo do meu
home.
5. Outro foi a
perda de dous dos meus fillos. Foi moi duro para min.
_______________________________________________________________________
1. Ademáis, non
gozaba de moi boa saúde. De feito, un dos meus médicos me chamaba a “eterna
enferma”…
2. As miñas ás son
páxinas, as páxinas dun libro…
3. Douradas pola
maxia que conteñen e abertas para facervos voar.
4. E na miña man,
algo tan querido para min: a miña pluma.
5. Para escribir,
para deixar fluir polos meus dedos todo o que levaba dentro…
_______________________________________________________________________
1. Fai coma min…
2. Pensa en
galego…
3. Soña en galego…
4. Sinte en
galego…
5. Escribe en
galego…
_______________________________________________________________________
SE ME QUERES
VISITAR NA BIBLIOTECA ME ATOPARÁS!
Ata o ano que ven…
lunes, 24 de febrero de 2014
ROSALÍA DE CASTRO
Hoxe é 24 de febreiro. Un día como hoxe, no ano
1837, naceu en Santiago unha nena á que chamaron Rosalía. A nena foi medrando
namorada de Galicia e nos versos que escribiu foi desgranando ese fondo amor á
súa terra.
Obrigada a saír de Galicia por circunstancias da
súa vida, a lembranza da sa súa terriña sempre formou parte da súa equipaxe.
Nos seus escritos aparece, logo, este sentimento tan galego que chamamos
“saudade”, que é a nostalxia, a morriña que se sinte ao estar lonxe da terra natal
e que vai acompañado da necesidade de voltar a ela.
Rosalía non cantou só a fermosura da terra
galega; tamén se deu conta da pobreza que nela había e que obrigou a moitos
galegos a emigrar, a marchar lonxe, para mellorar de vida. Escribiu entón unha
cantiga da emigración con pluma dura, pero sincera. Nela máis que doerse dos
que se van dóese dos que quedan: fillos que quedan sen pais, mulleres que
quedan sen maridos, terras que quedan sen mans que as poidan traballar…
Escoitemos agora a canción “Iste vaise”, baseada
nun poema de Rosalía e interpretada por Fuxan Os Ventos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
