viernes, 12 de mayo de 2023

CORRELINGUA 23

Ter unha lingua de noso é todo un privilexio, polo que non dubidamos nin un intre en unirnos a unha festa do calibre do Correlingua, na que poder celebralo como é debido.

martes, 9 de mayo de 2023

Día da árbore

E para un mellor coñecemento da contorna, que mellor tamén ca o traballo da súa terra, cunha actividade tan fermosa como é a de plantar árbores. Unha experiencia realmente gratificante para o noso alumnado.

Parlamento e Sede da Xunta

Para coñecer mellor a nosa comunidade, nada como visitar as institucións que regulan o seu funcionamento, contando cos mellores guías que nos aportaron toda a información de maneira didáctica e entretida. A sorpresa veu de mans do azar, que quixo que coincidisemos co Presidente do noso goberno autonómico.

martes, 7 de marzo de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 23

Aquí vos deixamos unha mostra do talento literario que rezuma o alumnado do terceiro ciclo de primaria. Poemas compostos e declamados por eles/as mesmos/as a partires da poesía da autora. Pura beleza. Preme aquí

viernes, 3 de marzo de 2023

DÍA DE ROSALÍA 2023

Este ano o reto non era sinxelo pero logramos facer o noso collage da escritora coas creacións de todo o alumnado. A implicación foi total e a poesía invadiu o ambiente do centro por completo.
Aquí vos deixamos unha lembranza do que foi, este ano, o entroido no noso colexio. Xa nos tarda o vindeiro...!