viernes, 6 de mayo de 2022

Florencio Delgado Gurriarán

Como cada ano, co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas, o Seminario Galán proporciónanos un amplo abano de actividades para levar a cabo co alumnado de todos os niveis de Infantil e Primaria, para achegar a figura do autor aos/ás máis cativos/as. Agardamos que vos sexan de proveito. Pincha no enlace 

jueves, 24 de febrero de 2022

SEMENTANDO PENSAMENTOS

No CEIP de Casás gústannos os bos pensamentos e ningún iguala en fermosura aos de Rosalía de Castro. Así florecen as súas verbas, grazas aos nosos/as pequenos/as grandes artistas. #Sementandoideas

jueves, 20 de enero de 2022

Os Xelmírez van á praia

Temos a honra de presentarvos o vídeo co que o noso cole se presenta aos XXVIII Premios de Publicidade en Galego. Esperamos que vos agrade e xa sabedes... As cousas, polo seu nome!

martes, 30 de noviembre de 2021

Aquí vos deixamos aos/ás gañadores/as da segunda edición do noso concurso de medo... Armádevos de valor que os arrepíos están garantidos!

viernes, 29 de octubre de 2021

No cole de Casás pasámolo de medo... e para mostra, esta fotogalería!




miércoles, 27 de octubre de 2021

Aquí chega o II Certame de contos de medo do cole de Casás... "O medo é libre" Esperamos que gañen os mellores, ou os peores, segundo como se mire!