viernes, 16 de enero de 2026

ANIVERSARIO DA MURALLA ROMANA DE LUGO

A nosa muralla está de celebración. Cúmprense 25 anos dende que foi declarada Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO, polo que se engalanou dun xeito especial.O noso colexio non podía faltar a esta cita e quixemos ser un pequeno anaco da longa historia deste impresionante monumento.

jueves, 15 de enero de 2026

CONCERTO DIDÁCTICO

Unha proposta maravillosa do noso auditorio, o Gustavo Freire, foi este concerto no que se mesturaban dúas disciplinas artísticas como son a pintura e a música, para ensinarnos como se entrelazan na procura dos mesmos sentimentos e sensacións. Coa lingua galega como elemento transmisor, foi unha experiencia moi gratificante.

O MEDO É LIBRE VI

Outra edición, mesmo nivel de dificultade para seleccionar aos agraciados... o noso alumnado pónnolo francamente difícil, como ides observar. Parabéns a todos/as!

jueves, 16 de octubre de 2025

O equipo de dinamización lingüística davos a benvida a un novo curso! Arrancamos esta nova andaina co, xa consolidado, concurso de Samaín. Nós creamos en Galego!

lunes, 8 de abril de 2024

DÍA DE ROSALÍA

Un ano máis no que non quixemos deixar pasar a ocasión de render homenaxe a unha das nosas escritoras máis universais e celebradas. O agarimo de toda a comunidade educativa do colexio de Casás tamén queda aquí reflectido...

ENTROIDO OLÍMPICO

Comezan os xogos! Unha xornada que estivo marcada polo ambiente festivo, onde o espírito da irmandade pesou moito máis có competitivo.

viernes, 8 de marzo de 2024

Arrincan as olimpiadas casarianas cunha xornada inaugural tan emocionante coma conmovedora, cos pobos unidos pola paz nun acto de irmandade e celebración.