jueves, 9 de noviembre de 2023

Agora ben, o que máis medo nos deu e continúa perturbándonos de xeito severo, é o que tramarán estas cabazas demoníacas con tanto entrenamento... estade vixiantes porque isto non pinta nada ben!
E rematando polas nosas criaturiñas anxelicais, que tamén se viron transformadas dun xeito inexplicábel...
A chamada aos espíritos non puido ter maior acollida! O noso centro viuse totalmente posuído por criaturas do lado escuro, comezando polo propio edificio...

martes, 24 de octubre de 2023

Voltamos, un ano máis, para iniciar un curso con todas as ganas de compartir convosco o noso agarimo pola lingua e a cultura galegas. Como cada curso, a primeira gran festividade que imos celebrar e o Samaín, para sacar o espírito celta que levamos dentro.