martes, 24 de octubre de 2023
viernes, 23 de junio de 2023
LETRAS GALEGAS 2023
O autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego, xa ten un oco para sempre no noso colexio grazas ao alumnado colaborador da Biblioteca escolar.
viernes, 12 de mayo de 2023
CORRELINGUA 23
Ter unha lingua de noso é todo un privilexio, polo que non dubidamos nin un intre en unirnos a unha festa do calibre do Correlingua, na que poder celebralo como é debido.
martes, 9 de mayo de 2023
Día da árbore
E para un mellor coñecemento da contorna, que mellor tamén ca o traballo da súa terra, cunha actividade tan fermosa como é a de plantar árbores. Unha experiencia realmente gratificante para o noso alumnado.
Parlamento e Sede da Xunta
Para coñecer mellor a nosa comunidade, nada como visitar as institucións que regulan o seu funcionamento, contando cos mellores guías que nos aportaron toda a información de maneira didáctica e entretida. A sorpresa veu de mans do azar, que quixo que coincidisemos co Presidente do noso goberno autonómico.
martes, 7 de marzo de 2023
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 23
Aquí vos deixamos unha mostra do talento literario que rezuma o alumnado do
terceiro ciclo de primaria. Poemas compostos e declamados por eles/as mesmos/as
a partires da poesía da autora. Pura beleza.
Preme aquí
viernes, 3 de marzo de 2023
DÍA DE ROSALÍA 2023
Este ano o reto non era sinxelo pero logramos facer o noso collage da escritora coas creacións de todo o alumnado. A implicación foi total e a poesía invadiu o ambiente do centro por completo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







































