martes, 9 de mayo de 2023
Día da árbore
E para un mellor coñecemento da contorna, que mellor tamén ca o traballo da súa terra, cunha actividade tan fermosa como é a de plantar árbores. Unha experiencia realmente gratificante para o noso alumnado.
Parlamento e Sede da Xunta
Para coñecer mellor a nosa comunidade, nada como visitar as institucións que regulan o seu funcionamento, contando cos mellores guías que nos aportaron toda a información de maneira didáctica e entretida. A sorpresa veu de mans do azar, que quixo que coincidisemos co Presidente do noso goberno autonómico.
martes, 7 de marzo de 2023
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 23
Aquí vos deixamos unha mostra do talento literario que rezuma o alumnado do
terceiro ciclo de primaria. Poemas compostos e declamados por eles/as mesmos/as
a partires da poesía da autora. Pura beleza.
Preme aquí
viernes, 3 de marzo de 2023
DÍA DE ROSALÍA 2023
Este ano o reto non era sinxelo pero logramos facer o noso collage da escritora coas creacións de todo o alumnado. A implicación foi total e a poesía invadiu o ambiente do centro por completo.
miércoles, 15 de febrero de 2023
martes, 14 de febrero de 2023
É ben sabido que o entroido en Galicia ten un forte arraigo e no CEIP de Casás imos festexalo con toda a ilusión e ledicia.
Comezaremos coas ordes no noso Meco Gandeiro, para rematar o venres cunha gran festa seguindo esta temática tan enxebre e tan nosa como é a gandaría e a cría de animais. Agardamos desfrutalo moito!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















































