martes, 11 de octubre de 2022
miércoles, 29 de junio de 2022
Coñecendo a Gurriarán con froita
No eido do noso proxecto común sobre a alimentación saudable, levamos a cabo unha idea orixinal para achegar a figura do noso autor aos cativos. Deste xeito, non só alimentamos o corpo, senon tamén seus espíritos e sabedoría!
A Terra de Casás
As/os nosas/os alumnas/os de terceiro de primaria quixeron sgasallarnos coa súa brillante interpretación do tema de Tanxugueiras. Nada mellor ca esta exaltación da nosa Terra para celebrar as Letras Galegas. Feliz galeguidade!
viernes, 6 de mayo de 2022
Florencio Delgado Gurriarán
Como cada ano, co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas, o Seminario
Galán proporciónanos un amplo abano de actividades para levar a cabo co alumnado
de todos os niveis de Infantil e Primaria, para achegar a figura do autor aos/ás
máis cativos/as. Agardamos que vos sexan de proveito. Pincha no enlace
jueves, 24 de febrero de 2022
SEMENTANDO PENSAMENTOS
No CEIP de Casás gústannos os bos pensamentos e ningún iguala en fermosura aos de Rosalía de Castro. Así florecen as súas verbas, grazas aos nosos/as pequenos/as grandes artistas.
#Sementandoideas
viernes, 4 de febrero de 2022
Día de Rosalía de Castro
Un ano mais queremos celebrar á nosa grande escritora cunha serie de actividades que achegan a súa figura aos mais pequenos.
jueves, 20 de enero de 2022
Os Xelmírez van á praia
Temos a honra de presentarvos o vídeo co que o noso cole se presenta aos XXVIII Premios de Publicidade en Galego.
Esperamos que vos agrade e xa sabedes... As cousas, polo seu nome!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


